Defensa dunha tese doutoral – Manuel Cabaleiro Núñez

Manuel Cabaleiro Núñez defenderá a tese doutoral "Novos avances na modelaxe 3D de estruturas de barras a partir de datos LiDAR: inspección e control estrutural”.

Defensa dunha tese doutoral

Manuel Cabaleiro Núñez defenderá a tese doutoral "Novos avances na modelaxe 3D de estruturas de barras a partir de datos LiDAR: inspección e control estrutural”.

Dirixida por: José Carlos Caamaño Martínez / Belén Riveiro Rodríguez / Pedro Arias Sánchez

Resumo:

O escaneado láser terrestre e a posterior modelaxe 3D é unha tecnoloxía que se está implantando rapidamente en varios campos co fin de obter superficies reais. Un campo moi interesante de aplicación destas técnicas é a obtención dos planos de estruturas xa existentes, así como os seus modelos 3D, para a análise da aplicación de novas cargas para cambios de uso. Aínda que se realizaron algúns avances nestas liñas de investigación, estase aínda pendente de máis estudos e investigacións para lograr unha maior automatización e fiabilidade do proceso, especialmente desde o punto de vista da análise de resistencia e saúde estrutural. O obxectivo desta tese é investigar e desenvolver novas metodoloxías e algoritmos que a partir de datos LiDAR, como son os datos obtidos mediante láser scanner, permitan automatizar e fiabilizar os procesos de modelaxe 3D e da análise da saúde estrutural, principalmente con fins da rehabilitación ou cambios de usos nos interiores de edificios, realizando ademais unha maior integración entre a xeración de modelos 3D e a vixilancia da saúde estrutural, así como a súa aplicación a técnicas BIM. Aínda que existen múltiples tipoloxías de estruturas, esta tese centrarase nas estruturas de barras de aceiro e madeira, que son das máis empregadas na construción.

Programa de Doutoramento en Xeotecnoloxías Aplicadas á Construción, Enerxía e Industria.