Defensa dunha tese doutoral – Jose Manuel Deus

Defensa dunha tese doutoral

José Manuel Deus defenderá a tese doutoral "Corrosión de corrugados en probetas de mortero expuestas en medio marino"

Dirixida por:
Xosé Ramón Nóvoa Rodríguez

Resumo:

A capacidade do formigón para actuar como barreira efectiva contra a acción do medio é de vital importancia nas estrucuras de enxeñaría civil. A maior parte dos fenómenos de degradación do formigón supoñen dun xeito ou outro o transporte de ións a través da estrutura de poros interna. Do mesmo xeito, a velocidade de corrosión das armaduras está condicionada pola penetración de axentes oxidantes ou despasivantes a través da microestrutura porosa do recubrimento.

Neste traballo estúdanse de xeito sistemático o efecto a temperatura y a presenza de contaminantes (cloruros) no comportamento tanto do formigón, como das barras de reforzo (aceiro ao carbono e aceiros inoxidables) nel embebidas. O estudo abarca condicións de exposición natural e de laboratorio.

A primeira parte do traballo estuda a dependencia do potencial de corrosión das armaduras coa temperatura do medio. Obsérvanse variacións do potencial de corrosión coa temperatura (mV/ºC) nun rango superior ao esperado segundo a ecuación de Nernst. Estas variacións seguen ritmos circadianos en exposición natural que se reproduciron en laboratorio a frecuencias de oscilación maiores. Unha análise elemental da química das películas pasivas en función da temperatura permitiu establecer a causa da variación observada no potencial: a contribución da película pasivante á reacción catódica do proceso de corrosión. Este enfoque na análise e a súa interpretación é novedosa e resulta ser de grande importancia desde o punto de vista da comprensión do comportamento electroquímico das armaduras de aceiro. Esta interpretación facilitará a metodoloxía dos traballos de inspección e estimación de durabilidade de estruturas de formigón armado.

Seguindo co comportamento das armaduras, estudouse o efecto combinado de presenza de cloruros y temperatura na cinética do proceso de corrosión utilizando a Espectroscopía de Impedancia Electroquímica. Púdose demostrar que a ecuación de Eyring é un bo modelo para estudar a dependencia que mostrou a velocidade de corrosión fronte á temperatura. Estableceuse a existencia dun punto de inflexión nla representación de Arrhenius no contorno de 30 ºC que marca un cambio no mecanismo do proceso de corrosión. 30 ºC é a temperatura á que, debido á solubilidade da Portlandita, o electrólito nos poros alcanza un pH de 12, límite termodinámico da estabilidade da capa de óxidos. Este valor de temperatura é menor en presenza de cloruros polo seu efecto no pH (actividade dos protóns).

Tamén mediante o emprego da técnica de Espectroscopía de Impedancia Electroquímica indagouse nol efecto da temperatura sobre o comportamento electroquímico de probetas de morteiro reforzado contaminadas con cloruros. Os resultados reflicten unha dependencia exponencial da resistividade do recubrimento de morteiro coa temperatura, a cal interpretouse como resultado dunha interacción electrostática entre os ións en movemento e as paredes da rede de poros cargados, integrados nunha estrutura tipo xel (xel CSH na terminoloxía da química do cemento).