Sistema de xestión de infraestruturas baseado en XIS (Sistemas de Información Xeográfi ca) para optimizar a resposta a eventos extremos en redes de transporte terrestre.
Proxecto Europeo H2040 coordinado pola Universidade de Vigo e que aglutina a 15 socios de sete países
A sociedade moderna depende cada vez máis das redes de transporte nas súas actividades diarias. A capacidade do sistema de transporte para funcionar durante condicións adversas e recuperar rapidamente niveis aceptables de servizo despois dun evento extremo é fundamental para o benestar dos cidadáns. Conscientes desta realidade os impulsores de Safeway desenvolverán unha solución transversal centrada principalmente nos modos de transporte terrestre que consideran as redes de estradas e de infraestrutura ferroviaria, como os principais modos de transporte para os pasaxeiros da Unión Europea.
Nesta liña o obxectivo de Safeway é deseñar, validar e implementar métodos holísticos, estratexias, ferramentas e inter- vencións técnicas para aumentar signifi cativamente a resiliencia das infraestruturas de transporte terrestre.
O consorcio Safeway, liderado polo Grupo de Xeotecnoloxías Aplicadas, e apoiado polos grupos Encomat (Enxeñaría de Corrosión e Materiais) e GTE (Tecnoloxía Enerxética), da Universidade de Vigo, ten 15 socios que cobren campos de negocios multidisciplinarios e multisectoriais relacionados coa resiliencia da infraestrutura de transporte en Europa: administradores e operadores de infraestrutura de transporte nacional, un operador de infraestrutura global principal, socios capaces de proporcionar varias fontes de datos con gran cobertura en tempo real e expertos líderes en resiliencia, bases de datos de riscos, inspección baseada en sensores remotos e sistemas de decisión baseados en modelos preditivos.
Safeway conduce a unha capacidade de adaptación significativamente mellorada de infraestruturas de transporte, desenvolvendo un conxunto holístico de ferramentas con aplicación transversal para anticipar e mitigar os efectos de eventos extremos en todas as dimensións do ciclo de xestión de desastres:
1) Preparación: mellora substancial de ferramentas de predición, monitoreo e toma de decisións que contri búan a anticipación, prevención e preparación de activos críticos para os impactos do dano dos eventos extremos;
2) Resposta e recuperación: a incorporación das solucións TIC de SAFEWAY nos plans de emerxencia e a co municación óptima en tempo real cos operadores e os usuarios finais (mediante crowdsourcing e redes sociais);
3) Mitigación: mellorar a precisión na adopción de medidas de mitigación (por análise de impacto de diferen tes escenarios) xunto cos novos sistemas e materiais de construción, contribuíndo á resistencia e absorción do impacto do dano.
Dentro desas dimensións, Safeway centrarase en:
a) Implementar tecnoloxías que proporcionen un novo acercamento de monitoreo multiescala mediante a combinación de tecnoloxías teledetección a diferentes escalas para anticipar o impacto dos eventos extremos;
b) Uso de crodsourcing e explotación de redes sociais para monitorear a resposta humana durante e inmediatamente despois do evento;
c) Desenvolver un marco para a toma de decisións considerando os factores anteriores tanto a nivel modo individual de transporte, como en contexto multimodal. Este sistema permitirá optimizar prioridades na intervención, en base a modelos preditivos que teñan en conta proxeccións do cambio climático, e prognoses acerca da poboación, condicións do tráfico e máis do desempeño estrutural;
d) Integrar este acercamento multidisciplinar nunha plataforma TIC na nube, que proporcione unha interface óptima entre os diferentes compoñentes da solución para a resiliencia.
La Universidad de Vigo lidera un proyecto europeo de gestión de infraestructuras que facilita la respuesta rápida a eventos extremos.