Acreditación de títulos

Acreditación de títulos

A Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, AGSUG, realiza a avaliación do Sistema Universitario de Galicia, realizando propostas de mellora da calidade dos servizos que prestan as universidades públicas galegas.

Segundo o Real Decreto 1393/2007 que aproba a nova Ordenación dos Estudos Universitarios Oficiais, unha vez verificados, os Títulos serán sometidos a un proceso de renovación da acreditación.
Durante o curso académico 2015/2016 sometéronse á acreditación as seguintes titulacións:

  • Grao en Enxeñaría da Enerxía
  • Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos
O Informe final de Avaliación para a Renovación da Acreditación resultou FAVORABLE para ambas as dúas Titulacións.